Visualizacións de páxina totais

13 de feb. de 2011

Por non dispór dunha conta bancaria




Mediante unha notificación certificada baseada nuns supostos ‘fundamentos de dereito’, asinada polo director provincial da Coruña Ánxo M. Teijeiro Fraga, o receptor dunha pensión de 426 euros deixará de percibila de non aportar unha conta bancaria.




MCC, de 60 anos, que vén percibindo a prestación dende 2003 mediante recibo, é requirido agora polo Servizo Público de Emprego para que aporte unha conta bancaria ou quedará sen prestación. O director provincial Ánxo M. Teijeiro recorre ao Texto Refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, aprobado en 1994. O perceptor da miúda pensión comezou a cobrar en 2003 sen facilitar conta bancaria ningunha, dado que non a tiña. A oficina concedeulle a prestación mediante recibo ata a actualidade.



De socato, a dirección provincial do Ministerio de Traballo e Emigración, oficina de Alexandre Barreiro Noya, 1-3, da Coruña, pese aos usos e costumes adquiridos polo perceptor, castígao a «cursar baixa na prestación ata que aporte os datos bancarios requiridos».