Visualizacións de páxina totais

26 de ago. de 2013

Money, money!











Din que a política está moi mal pagada, de aí eses sobres a maiores. Pero son escasos os políticos que abandonan definitivamente para ocuparse das súas cousas. O último exemplo é o de Griñán, que deixa a presidencia pero queda co escano. E a súa idea é acadar a acta de senador cando remate a lexislatura.
A verdade é que carece de sentido tanta prolixidade oficial de deputados e senadores que non pintan nada nos seus escanos, agás os tres ou catro que cortan o bacallau. Sentan nas súas cadeiras, entretéñense cos seus xoguetes e chifran ou aplauden segundo teñan recibida a orde correspondente dos seus patróns. Para que son necesarios, entón, se cos tres ou catro que dirixen o cotarro xa sería dabondo? Aforraríase así un diñeiro que ben podería destinarse a cuestións de máis envergadura: educación, sanidade, investigación, etcétera.
Imos ver. Se realmente é certo que as pretensións dos administradores son as de regular as finanzas públicas para que a sociedade en xeral goce de maior benestar, por que lexislan ordinariamente en contra desa sociedade que é quen lles paga?
O de Griñán é unha area no deserto. Pero gran a gran de area darían para carrexar unha boa praia.