Visualizacións de páxina totais

19 de xul. de 2013

Magán reitera as ameazas



 







Declaración Universal de Dereitos Humanos. Artigo 19. Toda persoa ten dereito á liberdade de opinión e de expresión; este dereito inclúe o de non ser molestado a causa das súas opinións, o de pescudar e recibir informacións e opinións, e o de espallalas, sen limitación de fronteiras, por calquera medio de expresión.



A estas alturas da película teríamos que esquecer que hai sete anos (2007) a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia concedeu unha axuda á produción audiovisual á produtora Directo de Información y Divulgación, S.L. para a realización do proxecto da longametraxe ‘Setembro’ (guión de Xosé Manuel Bazarra ‘Sepi’).
A axuda, de 240.000 euros, distribuiríase en tres partes: 10.000 euros para o ano 2007; 90.000 euros para o ano 2008, e 140.000 euros para o ano 2009. A produtora Directo de Información y Divulgación, S.L. reflectiu un investimento subvencionable de 808.834 euros no expediente ou minuta.
O fundador da produtora Directo de Información y Divulgación, S.L. (2006), Pastor Lorenzo Sola, administrador único, foi nomeado en novembro de 2005 director de comunicación e relacións externas de Radio Televisión de Galicia, cesando en xuño de 2009. A incompatibilidade impediríalle, polo tanto, participar nun concurso público relacionado co seu cargo. Marcelino Magán, que segundo as nosas fontes (fidedignas, de toda solvencia, etcétera) representaba (senón oficialmente, si oficiosamente) á produtora, foi polo tanto responsable, coa súa xestión, da liquidación da longametraxe ‘Setembro’; que, finalmente, en 2009, xusto cando vencía o terceiro prazo,  o ‘director xente’ da empresa dirixe unha carta ao director xeral de Creación e Difusión Cultural «renunciando á percepción dos importes destinados a cada anualidade ante a ‘absoluta imposibilidade de obter os avais bancarios requiridos e optando polo cobro do conxunto das subvencións concedidas unha vez finalizada a obra’». Isto é, o director xerente non desbota en 2009, que nun futuro poderá acceder á axuda á que el mesmo no seu escrito considera non estar capacitado.
Todo isto é real. Hai máis cousas. Se ben, como sinalábamos, a estas alturas da película viríalle ben a algún estar calado. Pero é o que hai.
Con todo, aquí estamos, cabaleiro.









Ningún comentario:

Publicar un comentario