Visualizacións de páxina totais

27 de mar. de 2011

Pan e circo







O circo, tanto antigamente coma hoxe, non variou moito no esencial. O de antes, nin nos importa. Falemos de hoxe: reloxos de máis de 20.000 euros?

O xornal di: ‘entrega de reloxos á selección española de fútbol’.

Logo, nalgunha emisora de radio sóubose que se trataba de reloxos, deses que cadaquén, se quere, porta de xeito común para comprobar se muda o tempo. E que tiñan un alto prezo no mercado.

E esa selección española de fútbol é un negocio do Estado. E o Estado é a sociedade. O Estado é a caixa forte. A sociedade é a man que abre a caixa forte. Por que a caixa forte resiste á vontade da sociedade? Ou non hai vontade e está todo ben?

Non é doado interpretalo.

Certo é que con 20.000 euros por reloxo non é posible axudar a moita xente: unha soa noite de hotel dun funcionario da ONU ou de calquera alta comisión de boato e esplendor custa tanto coma iso.

Verdade tamén é que eu xamais vin xunta semellante cifra. Pero estabamos nos reloxos tan caros, dos que fan o circo que nos representa.

Lémbrese: pan e circo. O pan, aí está, distribúese por todo o sistema sideral sen máis: está mal visto que alguén morra de fame no nordés... É o pan de Roma. Aplacar as masas. Xusto o mesmo pan de agora.

O imperio continúa.

Pois iso, reloxos de máis de vinte mil euros!

Fixádevos: Se fósemos tan só 10.000 en Galiza, e eses dez mil puxesen, cada un, un valor de mil, xuntaríanse dez millóns... E iso só seria o comezo.

Talvez para iniciar algo novamente antigo, pero polo menos ‘un novo comezo’.

Moitas grazas pola súa atención.

Cordialmente. Brais do Castro.



 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
http://www.flickr.com/photos/relojesdeluxe/5551021760/