Visualizacións de páxina totais

9 de maio de 2011

O Día das Letras Galegas, no Ágora







Contra as oito e media do serán, na rúa Orzán, 17 (A Coruña), presentarase o libro de Brais do Castro ‘Contos que nunca tal foron’.

Editado por Ollo Crítico (ACD), con ilustracións a cor de Xavier Dans Mayor e fotografía de cuberta de Clelia Zucca, ‘Contos que nunca tal foron’ propón unha secuencia de relatos que van de menos a máis, finalizando cunha historia que ben podería ser considerada por si soa como unha eiva única e con título propio.

Brais do Castro (A Coruña, 1950) publicou os libros ‘Arredor da lua’ (narrativa, 1991), ‘Kitaro / Ti’ (poesía, 2001), ‘Nomearte’ (poesía, 2001), ‘Moncho Valcarce, o cura das Encrobas’ (documento, 2003), ‘Coa mosca detrás da orella’ (narrativa, 2004), Rebelde con causa?’ (documento, 2008), etcétera.

Malia que as referencias á súa literatura son escasas, trátase dun autor que provoca sensacións encontradas nos seus trazos ás veces secos, ás veces implosivos, ás veces cargados de sinuosidade, ou mesmo deslizándose cara a ningures prolongando a súa xeometría intratable e desprovista de consideración cara aos protocolos literarios.

Willy Éter, membro de Manicómicos coordinará o acto.