Visualizacións de páxina totais

23 de mar. de 2011

A guerra é un bo negocio

Filipe González
En 1982, coa oposición de Filipe González, España ingresou na OTAN. O PSOE prometeu un referendo popular en contra desta adhesión se gañaba as eleccións. Unha vez Filipe González no poder, mudou radicalmente o seu discurso sobre a OTAN. A negativa ao ingreso na alianza militar occidental tornouse en apoio. Pese a manter a promesa de convocar un referendo, pediu o voto afirmativo á permanencia na Alianza Atlántica.



Rodríguez Zapatero
En 2003, Rodríguez Zapatero (na oposición, como anteriormente Filipe González) manifestouse en contra da guerra de Iraq, se ben un ano despois asinou un decreto lei para indemnizar aos participantes en misións ‘no exterior’, no que se sostiña que a intervención en Iraq estaba avaliada por tres resolucións das Nacións Unidas.
Á parte das ‘misións’ denominadas humanitarias que o Goberno español mantén en zonas de conflito, en 2011 acadou o seu máximo grao de hipocrisía ao pórse ao carón daqueles que non respectan en absoluto o Tribunal Penal Internacional. Por certo, a súa frase «atopámonos moi ben liderados por EE UU (...)» é certamente demostrativa.




O negocio é o primordial
Se realmente USA mantivese un interese efectivo por salvagardar a democracia no mundo, a súa boa vontade elevaríase algo máis e ampliaría as súas miras. Na actualidade, entre ditaduras ou países de dubidoso estatus (ademais dalgúns dos denominados demócratas, que en realidade se trata de fascismo agochado), segundo ‘laaldeaglogal.com’ pódense subliñar: Angola, Azerbaián, China, Cuba, Emiratos Árabes Unidos, Guinea, Cazaxistán, Laos, Mauritania, Nepal, Sudán, Turquemenistán, Arabia Saudí, Bután, Corea do Norte, Exipto, Eritrea, Guinea Ecuatorial, Qirxizistán, Paquistán, Mianmar, Omán, Tailandia, Uzbequistán, Iemen, Arxelia, Brunei, Burundi, O Chad, Irán, Malasia, Níxer, Ruanda, Somalia, Tunisia, Zimbawe, Bielorrusia, Burquina Faso, Camerún, O Congo, Madagascar, Marrocos, Nixeria, República Democrática do Congo, Siria, Suazilandia, Uganda.
Pero isto fáiselles grande.



'Mandata'
Moi curiosa é tamén a expresión ‘mandata’ das Nacións Unidas en boca dos voceiros que representan o poder. Como son coma nenos e a eles non se lles ocorre nada, van e copian. ‘Mandata, mandata, mandata’. A algúns habería que mandalos a ‘mandatar’ á merda.

Noxo
Os ex presidentes Aznar e González reciben 80.000 euros da Administración ao ano, compatibles cos seus salarios en empresas eléctricas.

Qué dicir. Pouco ou nada. Dino todo eles xa. Brincan de gozo ao sol que máis conveña. Impórtalles un chío o que acontece fóra das súas residencias a rebentar de uniformados que os protexen. Rinse de todo. E eles levan a man por dentro da americana, igualiño ca Napoleón, mentres elas fan o discurso de moda para a revista de quenda. Vergonza? Non. Xa non queda, agora todo é miseria intelectual e miserables. Noxo.