Visualizacións de páxina totais

29 de abr. de 2011

Tras a soberbia de Mouriño







Normalmente, os mangallóns (makarras) están acostumados a saírse coa súa a base de violencia. Esa foi a batalla do Madrid: impedir que a intelixencia aflorase. O seu adestrador, que xoga máis coa retórica que coa frescura, coidaba resolver o encontro a calquera prezo. Tiña perfectamente marcado o guión para o seu equipo. Gañar como sexa, aínda que se xogue mal.












O Barça, sen embargo, dispuña doutra concepción para a mesma fin, pero co seu propio estilo. Con todo, o seu adestrador considerou que non se ía suicidar a través dalgún contragolpe do Madrid. E respondeu coa mesma moeda, pero con intelixencia.

















E pasou o que pasou. Os mangallóns enlouqueceron. E acabouse o conto.

Aí quedou Mouriño coa súa soberbia e con esa copa europea da retórica, que aínda enlamou máis ao afirmar que Guardiola tería que estar avergoñado pola consecución do título europeo de hai dous anos grazas á axuda arbitral.

O adestrador do Madrid non ten memoria. Esquécese da semifinal contra o Deportivo, que a pasou precisamente coa axuda arbitral.

27 de abr. de 2011

«O espírito das ‘trincadeiras’»







Será no Auditorio Municipal de Goián (Tomiño, Pontevedra), contra as nove e media da noite do vindeiro 1 de maio de 2011.

O filme, de Seném Outeiro e Roi Carballido (dirección e realización), localízase na parroquia pontevedresa de Goián. Rescata a historia da construción das primeiras autovías galegas da década dos noventa do século pasado e as necesidades empresariais de materiais para a súa construción, que desembocaron en prospeccións na ribeira do río Miño, no lugar coñecido popularmente polas Trincadeiras. Tal constatación xerou a alarma na parroquia de Goián, mobilizándose a súa poboación para impedir tal espolio. Os medios deron conta da noticia e o Goberno Civil mandou parar a actividade da empresa, quedando así a salvo o lugar das Trincadeiras.

Trátase doutra das historias de combate en Galiza, semellante á loita dos veciños das Encrobas pola defensa das súas terras contra a multinacional Fenosa.

No elenco deste traballo de Filmika Galaika aparecen tamén Berto Palacios (montaxe e posproducion de imaxe), Roi Gil (son) e Nano Besada (infografía).