Os secretarios de Estado, subsecretarios,
directores xerais e asimilados teñen establecido un salario (que inclúe
complemento de destino e complemento específico) distribuído así:
Secretario de Estado e ‘asimilados’: soldo,
12.990, 72 (con dúas extraordinarias, en xuño e decembro, de 655, 84 euros);
complemento de destino, 21.115,92; complemento específico, 32.948, 67. Total anual:
68.366,99. A curiosidade é o denominado salario mensual, que non supera os mil
euros: 927,90 (de dividilo en catorce pagas).
Subsecretario e ‘asimilados’: soldo, 13.054,
68; complemento de destino, 17.080,44; complemento específico, 29.316,27 (máis
dúas extraordinarios de 703,38 euros).
Director xeral e ‘asimilados’: soldo,
13.117,44; complemento de destino, 13.814,76; complemento específico, 23.900,13
(máis dúas extraordinarias de 751,45 euros).
A maiores, segundo se recolle nos Presupostos
Xerais do Estado, ditos altos cargos perciben un complemento de produtividade
asignado polo titular do departamento que sairá dunha caixa destinada
especificamente a este tipo de créditos. Iso si, a redacción dispón que dito
sobresoldo non experimentará incremento en relación ao asignado no ano 2014.
En todo caso, coidamos que estes denominados
altos funcionarios, que non son poucos, superarán o salario actual do
presidente do Goberno (78.185,04), o mesmo que o propio presidente do Consello
Económico e Social (un tal Marcos Peña, que descoñecemos a súa contribución
tanto á economía como á sociedade) que supera os 85.000 euros anuais.
Non sería moito pedir que quen desexa relevar
a estes saqueadores tivese en conta que quen se dedica á cousa pública debe ter
un sentido ético estrito: se considera que unha persoa non pode vivir con
seiscentos cincuenta euros ao mes, non debe esixir do público máis ca o que
predica para os demais.