Se un dos creadores do
clan que contribuíu á reformulación do franquismo saíu en defensa da
improcedencia das novas alternativas de esquerda, vén demostrar que se elixiu o
camiño correcto.
O home branco que fala
con lingua de serpe será xulgado algún día pola súa responsabilidade no pacto
co fascismo, senón de facto si historicamente. Os pobos non esquecen nunca a
súa historia, malia que soporten picaduras de serpe unha e outra vez. Non hai
mal que cen anos dure.
Ese home branco que
«falar con lingua de serpe», afirma que non hai máis alternativa de Goberno ca
a súa propia, que o resto é ‘bolivarianismo’. E que o bolivarianismo só
conducirá ao caos.
Ese home branco que
falar con lingua de serpe é aquel que confundiu solidariedade con extorsión,
quen cultivou os contratos vasoira e quen manifestou que o capitalismo é o
menos malo dos sistemas políticos. E, entre medias, mirou para outro lado co
asunto do cal vivo. Este é o gran persoeiro de Estado que, sen rubor, se permite,
tal coma un santón de primeira división, dicir a millóns de persoas como deben
facer de ventre. Esta é a súa democracia.
O home branco debe ter
medo de que o despoxen deses privilexios dos que dispón grazas á falsidade
saída da súa lingua de serpe.
Ese home branco que
fala con lingua de serpe, como mínimo, ten que lavar a boca con lixivia e logo
dedicarse ao cultivo de especies exóticas mentres conversa coas cascudas.
Non merece ningún
respecto.