Visualizacións de páxina totais
8 de abr. de 2011
7 de abr. de 2011
SEAGA
Segundo información facilitada directamente dende a base de Toén (Ourense) por unha activista da COG, contra as dúas da tarde chegaron á base de Toén unha trintena de axentes (entre garda civil e policía autonómica) provistos de material antidisturbios. Pedíronlle aos brigadistas que abandonasen a base ou entrarían por eles pola forza. Os brigadistas, logo de estudar a situación, accederon e abandonaron a base de Toén.
Imaxe dunha carga policial (EL CORREO GALLEGO)
SEAGA
Dende alí mesmo, os traballadores de SEAGA ofreceron unha rolda de prensa confirmando a súa decisión de continuar adiante co activismo se Medio Rural non muda a súa postura de atrasar a precampaña contraincendios.
«Van permanecer aquí ata que se concrete o inicio da temporada», confirmou telefonicamente a Ollo Crítico (ACD) unha das activistas ocupantes da base de Toén (Ourense) contra as doce do mediodía do xoves, engadindo así mesmo que «de momento non se observan movementos policiais», tal e como se sinalou dende a secretaría xeral de Medio Rural.
Imaxe de arquivo (CLELIA ZUCCA)
SEAGA
Contra as dez e media da mañá do xoves os traballadores de SEAGA continúan ocupando a base de helicópteros de Toén (Ourense).
A COG (Central Obreira Galega), que participa na ocupación xunto con activistas da CIG, informou de que os brigadistas pasaron a noite sen novidade e sen que ninguna autoridade tentase desaloxalos.
Por outra parte, o gabinete de prensa de Medio Rural manifestou que a orde do secretario xeral desa consellería é «permitirlles realizar a rolda de prensa que teñen previsto contra as once da mañá e a continuación convidalos a desaloxar». No caso contrario, interviría a policía autonómica, «que xa se está despregando nas inmediacións».
Medio rural tampouco contempla variar a súa política con respecto á precampaña contraincendios.
Actual conselleiro de Medio Rural
6 de abr. de 2011
SEAGA
Segundo información telefónica da COG (Central Obreira Galega), a noite do mércores contra as nove e trinta da noite, traballadores de Seaga ocuparon a base de helicópteros de Toén (Ourense) en protesta pola tardanza que a Xunta de Galicia está a ter coa convocatoria para a precampaña contraincendios do ano 2011.
A información que pretendía transmitir dende a base unha responsable da COG quedou paralizada, escoitáronse voces e ruídos e neste momento (dez da noite) descoñecemos se os brigadistas foron desaloxados ou aínda permanecen na base.
Imaxe de arquivo (CLELIA ZUCCA)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)