Visualizacións de páxina totais

25 de abr. de 2013

Centro Galego de Artes da Imaxe ||| A Coruña

 







Somos acó (2013), de Roi Carballido e Seném Outeiro, documental de 32 minutos que denuncia o sufrimento das familias do rural galego polo desmantelamento das escolas públicas por parte da Administración. Mostra tamén a esperanza e a loita destas familias en defensa do rural como medio para desenvolver unha vida digna e con futuro.
Rodado no verán de 2012 na montaña luguesa e na capital compostelá, este documento é froito da colaboración entre Fílmika Galaika e varios colectivos afectados pola irresponsabilidade política. A banda sonora corresponde ao grupo Quempallou.


















Lume de fachós (2013), de Roi Carballido (produción) e Seném Outeiro (dirección e montaxe), metraxe de 32 minutos, pretende mostrar a ‘Festa dos fachóns’ de Castro Caldelas (Ourense), recordada pola súa poboación como reflexo do seu acervo cultural, talvez proposta a considerar como valor das actuacións tradicionais, a piques de desaparecer en Galiza. O documental recibiu a axuda do Concello de Castro Caldelas.


















Ínsula (2012), de Roi Carballido (produción) e Senén Outeiro (guión e dirección), mediametraxe de 21 minutos, contou no elenco principal cos actores Xavier Estévez, Luís Iglesias e a actriz Antía Otero, e fotografía de Berto Palacios.
O filme propón o retorno da guerra de Cuba do tenente Álvaro de Souto-Maior, que arriba ferido á illa. Coñece ao capitán Ernesto O’Donell, que será o seu guía. Con todo, a súa saúde levarao a un tránsito singular. A distribución da cinta é responsabilidade de Amén Cinema.


















Será o sábado 27 de abril de 2013, contra as seis do serán, no Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), na Coruña (rúa Rúa Durán Loriga, 10 baixo).