Visualizacións de páxina totais

8 de xuño de 2011

Producido por Fílmica Galaika







A organización da XXII edición do Marseille Innternational Film Festival vén de seleccionar de xeito oficial para a súa competición internacional o documental ‘Vikingland’, de Xurxo Chirro (A Guarda, 1973), e producido por Fílmika Galaika (2011).

Segundo os produtores de ‘Vikingland’, «a orixinalidade da proposta non deixou indiferente ao comité seleccionador, que sitúa o filme galego entre a quincena de documentais máis interesantes de 2011 a nivel internacional. Trátase dun dos denominados filmes de ‘arquivo revelado’. O director valeuse dunhas dezaseis horas dun vídeo-diario recollido polo mariñeiro da Guarda Luís Lomba (‘O Haia’) cando traballaba no ferri entre a cidade danesa de Romo e a illa alemá de Sylt entre 1993 e 1994».

O traballo de Fílmica Galaika, de algo máis de noventa minutos, está dedicado aos mariñeiros galegos. Mostra a dura vida do mar, pero tamén reflicte algunhas reminiscencias sobre os sacrificios aos que se deberon enfrontar os emigrantes galegos no norte de Europa. Con todo, «hai tamén unha reflexión sobre a deriva tecnolóxica na que se veu envolta a imaxe nos últimos tempos: o soporte magnético, o vídeo e o píxel. Trátase, en suma, dunha travesía fílmica total, arroupada coa composición musical de Seném Outeiro».

O FIDMarseille é un festival pioneiro no campo das novas formas cinematográficas. Recoñecido entre os máis salientables festivais internacionais e aberto ás novas xeracións e ás novas cinematográficas, o FIDMarseille fíxase de xeito positivo na promoción do documental, nunha escala ampla, aberta e anovadora, apostando por novas vías testemuñais fóra dos protocolos habituais.

O evento terá lugar entre o 6 e 11 de xullo de 2011.






Xurxo Chirro, director de 'Vikingland', 
nunha imaxe de FÍLMIKA GALAIKA

Ningún comentario:

Publicar un comentario