De aquí a tres meses comprobaremos se é certo
que a ‘esquerda unida’ grega nace con pretensións de servir á sociedade máis
débil do país que inventou a democracia das cidades. Con algo máis de tempo
comprobarase se Syriza é realmente unha oportunidade para iniciar un novo
proceso económico que se preocupe de distribuír mellor a riqueza e non a
pobreza, como parece ser o costume de todas as democracias formais.
Noventa e nove deputados logrou a ‘esquerda
unida’ grega, pero os cincuenta de regalo por ser o partido máis votado
(curiosidades de quen amañan os procedementos electorais), lévana a quedarse
practicamente co poder absoluto na cámara de representantes. Necesita dous
deputados máis, que conseguirá sen esforzo, dado que case todos os pequenos
grupos que lograron escano (esquecendo aos nazis) estarán dispostos a negociar
para mudar o rumbo da troica conducida por Alemaña, que xa está no asunto de
comezar a tirar da máquina do diñeiro como se tal cousa (tanto problema porque
non había cartos e resulta que hai un artefacto que tira billetes de quiñentos
como se nada). Fixérono EEUU, Reino Unido e Xapón, e agora tócalle a Europa.
Vamos, que realmente nunha houbo problema, porque a máquina estaba aí.
Ben, pois darémoslle unha oportunidade á ‘esquerda
unida’, a ver canto tarda en defraudarnos. Que pola experiencia que temos, coidamos
que será nun chío.
Ningún comentario:
Publicar un comentario