Visualizacións de páxina totais
27 de abr. de 2011
«O espírito das ‘trincadeiras’»
Será no Auditorio Municipal de Goián (Tomiño, Pontevedra), contra as nove e media da noite do vindeiro 1 de maio de 2011.
O filme, de Seném Outeiro e Roi Carballido (dirección e realización), localízase na parroquia pontevedresa de Goián. Rescata a historia da construción das primeiras autovías galegas da década dos noventa do século pasado e as necesidades empresariais de materiais para a súa construción, que desembocaron en prospeccións na ribeira do río Miño, no lugar coñecido popularmente polas Trincadeiras. Tal constatación xerou a alarma na parroquia de Goián, mobilizándose a súa poboación para impedir tal espolio. Os medios deron conta da noticia e o Goberno Civil mandou parar a actividade da empresa, quedando así a salvo o lugar das Trincadeiras.
Trátase doutra das historias de combate en Galiza, semellante á loita dos veciños das Encrobas pola defensa das súas terras contra a multinacional Fenosa.
No elenco deste traballo de Filmika Galaika aparecen tamén Berto Palacios (montaxe e posproducion de imaxe), Roi Gil (son) e Nano Besada (infografía).
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario