Somos
acó (2013), de Roi Carballido e Seném Outeiro,
documental de 32 minutos que denuncia o sufrimento das familias do rural galego
polo desmantelamento das escolas públicas por parte da Administración. Mostra
tamén a esperanza e a loita destas familias en defensa do rural como medio para
desenvolver unha vida digna e con futuro.
Rodado no verán de 2012 na montaña luguesa e
na capital compostelá, este documento é froito da colaboración entre Fílmika Galaika e varios
colectivos afectados pola irresponsabilidade política. A
banda sonora corresponde ao grupo Quempallou.
Lume de
fachós (2013), de Roi Carballido (produción) e Seném
Outeiro (dirección e montaxe), metraxe de 32 minutos, pretende mostrar a ‘Festa
dos fachóns’ de Castro Caldelas (Ourense), recordada pola súa poboación como
reflexo do seu acervo cultural, talvez proposta a considerar como valor das actuacións
tradicionais, a piques de
desaparecer en Galiza. O documental recibiu a axuda do Concello de Castro
Caldelas.
Ínsula (2012), de Roi Carballido (produción) e Senén Outeiro (guión e
dirección), mediametraxe de 21 minutos, contou no elenco principal cos actores
Xavier Estévez, Luís Iglesias e a actriz Antía Otero, e fotografía de Berto
Palacios.
O filme propón o retorno da guerra de Cuba do
tenente Álvaro de Souto-Maior, que arriba ferido á illa. Coñece ao capitán
Ernesto O’Donell, que será o seu guía. Con todo, a súa saúde levarao a un
tránsito singular. A distribución da cinta é responsabilidade de Amén Cinema.
Será o sábado 27 de abril de 2013, contra as seis do serán, no Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), na Coruña (rúa Rúa Durán Loriga, 10 baixo).
Ningún comentario:
Publicar un comentario