O saltimbanqui maior dos apandadores móstrase agarimoso cos seus socios de manda mentres
absorbe peidos pola boca, expulsándoos logo polo traseiro en dirección a todo
canto ser vivo e cándido se acumula ao seu carón.
Co saltimbanqui, que realmente é un parvo, un
monicreque ao que se lle dá corda para que distribúa parvadas a destro e
sinistro, áchanse os seus socios, dispostos a espoliar ao ser humano común de
todo canto lles caiba nos seus petos: rouban, distraen, collen, incrementan,
amontoan, agochan, limpan, ventilan, etcétera. Ben, pois esta manda que enche a
cotío as súas caixas con onzas de primeira calidade crematística lámbelle o cu ao
saltimbanqui maior cada vez que precisan dos seus saltiños para continuar coa
espoliación dos seres humanos incapaces de suxeitalos polas solapas dos seus
prezados traxes e tirarlles unhas cantas labazadas cunha regra para que
aprendan a comportarse como, segundo eles mesmos din, ‘Deus manda’.
O negativo deste asunto é que tanto o
saltimbanqui maior coma os seus socios non son máis ca os monicreques dunha
manda moito máis organizada, con saltimbanquis invisibles que menean os peidos
destes malfeitores visibles ao seu antollo.
Así que non é fácil. Pero polo menos deberíase
intentar. Só por ver qué pasa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario