Alberto Lobelle, en colaboración con Xurxo
Chirro, presenta o documento ‘O Día da Vitoria’, fundamentalmente a través de
material recollido dunha familia na que un dos seus membros participou na
denominada ‘guerra patriótica’ (1941-1945).
Naquel gran masacre, no que habería que
salientar abertamente que tamén foron cómplices os gobernos de EE UU, Reino
Unido e Francia, por exemplo (incluída o da propia URSS), quen pagaron, como en
todas as guerras, foron os labregos e cidadáns menos favorecidos. A daquela
Unión Soviética mandou a combater a millóns de persoas contra o inimigo nazi.
Pero antes diso asinouse un pacto de non agresión cun dos criminais máis crueis
da historia. Por outra parte, tanto Francia coma o Reino Unido permitíronlle a
Alemaña a militarización, coa creación dun grande exército singularmente
equipado. E os EE UU mirou para outro lado, ata que non lle quedou máis remedio
que comprometerse cos denominados ‘aliados’.
O Día da Vitoria, que conmemoran anualmente as
institucións rusas, representa, con todo, o día no que os exércitos soviéticos
derrotaron ao exército alemán despois de percorrer miles de quilómetros dende
todos os lugares da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas ata acadar
Berlín. Aquilo custou preto de vinte millóns de vidas humanas.
Alberto Lobelle rescata as lembranzas dun
deses soldados que durante catro anos loitou para derrotar ao nazismo, mostra a
celebración institucional dun grupo de camaradas e as aspiracións das novas
xeracións para que as guerras desaparezan definitivamente da face da terra.
Porén, semella que non vai ser posible. Que a
memoria será esquecida novamente. Mentres existan determinados intereses,
algúns pularán a cotío pola guerra, que pagarán, coma sempre, os máis febles.
Velaí o caso da Ucraína.
https://www.youtube.com/results?search_query=d%C3%ADa+de+la+victoria%2C+alberto+lobelle
Ningún comentario:
Publicar un comentario