Visualizacións de páxina totais

Amosando publicacións coa etiqueta Barça. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Barça. Amosar todas as publicacións

28 de maio de 2011

Barça. 4 - Madrid, 3






Esquecéndonos das do franquismo, o Barça acaba de lograr a súa cuarta Copa de Europa (1991-92, 2005-06, 2008-09, 2010-11) superando xa, por unha, ao Madrid (1997-98, 1999-00, 2001-02).

Nunha final xustamente redonda, o equipo catalán, ‘més que un club’, como reza o seu slogan, foi quen de bater a un desconcertado Manchester, incapaz de recoñecerse a si mesmo.

Pese a que se trata dun xogo, neste caso débese subliñar a condición singular que dende hai tempo manteñen os afeccionados do Barça nunha dinámica de enfrontamentos contra o seu principal adversario español: o Madrid.

O Barça, que aínda co franquismo propiciaba a súa causa diferenciada do resto de equipos españois, agás o Athletic Club de Bilbao, moito máis preto da súa propia idiosincrasia, debeu enfrontarse de maneira permanente ao equipo auspiciado polo centralismo español, nutrirse de futbolistas relevantes e conservar parte do seu sentido catalán, que acadou o seu punto culminante cando Guardiola foi nomeado adestrador do Barça.

Na actualidade, o Barça defende o seu escudo con futbolistas alleos, caso de Alves, Mascherano, Milito, Afellay, Keita, Abidal, Adriano e algún máis. A cambio conforma boa parte do seu equipo con futbolistas formados na súa canteira: Messi, Pedro, Thiago, Bojan, Jonathan dos Santos, Busquets, Xavi, Iniesta, Piqué, Puyol, Jeffrén, Valdés, etcétera. Destes últimos, os denominados ‘canteiráns’, oito participaron na final de Wembley. E logrou o triunfo precisamente grazas a dous deles: Pedro e Messi.

No primeiro tempo, excepción dos primeiros dez minutos, o Barça dominou practicamente o encontro. E pese a que o Manchester pretendeu facer unha presión constante sobre o Barça, non se pareceu en nada aos partidos contra o Madrid, onde as provocacións e a violencia constituíron a demora principal destes enfrontamentos.

Na segunda parte, máis do mesmo: o Barça dominou de principio a fin.

O primeiro gol foi fabricado por Xavi, que estendeu a Pedro, para que este rematase facendo inútil a estirada do porteiro.

No segundo gol, logo dun pase de Iniesta, Messi golpa o balón dende fóra da área.

No terceiro, é Messi quen lle dá a Busquest o pase para que Villa defina de xeito certeiro.

É que ademais o Barça é outra cousa: un exemplo de rebeldía, un símbolo contra o poder establecido.






Imaxe de Ollo Crítico (ACD)

4 de maio de 2011

O Barça fronte á cuarta







Á marxe do que supón esta fórmula de pan e circo (que é o que finalmente é se a humanidade non contempla outras posibilidades de enriquecemento), a semifinal europea entre o Barça e o Madrid definiuse tal e como estaba previsto: venceu a mellor proposta de xadrez.

O Madrid (quen o ten visto e quen o ve, malia a tanta estrela mediática!) non foi quen de establecer unha vontade de loita dende os primeiros instantes. Fiel á estratexia do seu adestrador, conformou unha batalla defensiva, con medo e dando sempre a impresión de que o que pretendía era vencer sen ofrecer nada a cambio.

Escoitando a algúns dos comentaristas da televisión estatal, semellaba que estaban a ver outro espectáculo. O certo foi que o único equipo que pretendeu resolver a eliminatoria foi o Barça.

Sen dúbida, venceu quen moveu as pezas con intelixencia.


29 de abr. de 2011

Tras a soberbia de Mouriño







Normalmente, os mangallóns (makarras) están acostumados a saírse coa súa a base de violencia. Esa foi a batalla do Madrid: impedir que a intelixencia aflorase. O seu adestrador, que xoga máis coa retórica que coa frescura, coidaba resolver o encontro a calquera prezo. Tiña perfectamente marcado o guión para o seu equipo. Gañar como sexa, aínda que se xogue mal.












O Barça, sen embargo, dispuña doutra concepción para a mesma fin, pero co seu propio estilo. Con todo, o seu adestrador considerou que non se ía suicidar a través dalgún contragolpe do Madrid. E respondeu coa mesma moeda, pero con intelixencia.

















E pasou o que pasou. Os mangallóns enlouqueceron. E acabouse o conto.

Aí quedou Mouriño coa súa soberbia e con esa copa europea da retórica, que aínda enlamou máis ao afirmar que Guardiola tería que estar avergoñado pola consecución do título europeo de hai dous anos grazas á axuda arbitral.

O adestrador do Madrid non ten memoria. Esquécese da semifinal contra o Deportivo, que a pasou precisamente coa axuda arbitral.