Que tipo de sociedade é esta? «Esas cousas».
Argumentos do cómplice daqueloutros que mentres esixen escravitude para saír
desa condenada crise provocada por eles mesmos engordan as súas contas
bancarias ríndose a gargalladas, sen disimulo, de todo canto se lles pon por
diante.
«Esas cousas». Está claro que o señor que se
expresa dese xeito, esquilmando descaradamente para o seu beneficio e para os
seus propios, coñece perfectamente a fórmula. Trátase dun deses listos que
—debido á escasa orientación crítica educativa proporcionada polo sistema—,
durante as etapas da vida dunha persoa, veñen mostrando a súa capacidade para
aproveitarse do resto dos seus conxéneres: na primaria, na secundaria, no
instituto, e no seu paseo pola universidade acadan o seu definitivo selo
programático: a vivir, que son dous días e que se fodan os demais.
O difícil de entender é cómo llo permite esa
gran maioría de mortais, que non son listos pero si máis sensibles e
intelixentes. E que o saben. Cómo é posible que o mundo, en xeral, trague con
todo, que non se farte un ano tras doutro de que lle furen o cu cun fungueiro e
sen anestesia. Entendo que se a xente goza, non hai problema. O que non acerto
a comprender é a protesta posterior, polo baixiño. Porque «a cousa» ten moita
miga.
Ilustración de Castelao (1925)
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario