Visualizacións de páxina totais

Amosando publicacións coa etiqueta Fascismo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fascismo. Amosar todas as publicacións

13 de mar. de 2013

Chicharro Ortega









Velaí a outro xeneral, outro máis que non dubida en manifestar publicamente que, de non ir as cousas polo seu rego, os militares terán que tomar medidas.

É a morriña dun pasado ‘patriótico’, no que por riba de todo era aquela denominada ‘España, unha, grande e libre’. Sen utopías independentistas. Só unha única e indivisible España. E que ninguén coidase cousa distinta: fusilábano. Así de fácil.

Pois aí está outro psicópata máis, dos que abondan no sistema métrico decimal que conforma o pensamento universal do imperialismo. Un psicópata que non dubida en pronunciarse de xeito semellante aqueloutro que esnaquizou unha república democrática que deu tránsito á feira monárquica actual. E non pasa nada. Aquí paz e logo gloria.

Na súa desculpa posterior, cara á galería, di que terxiversaron o seu discurso. E láiase de que non se corroborase persoalmente con el. O que non di é que si se pretendeu que explicase se quería mudar algo do que efectivamente dixo, pero non respondeu ás mensaxes do informador para ratificar, ou rectificar, no seu caso. Iso, en argot coloquial, na miña aldea chámano desculpas de mal pagador.

Chicharro Ortega tería que ser cesado de facto, desposuído das súas prerrogativas de mando e de soldada. Como mínimo. Psicópatas coma el son máis seguros nun cárcere, con camisa de forza incluída.

Vaia por diante, malia que sexa o final, que os exércitos non deberían ter cabida nunha sociedade verdadeiramente democrática. As forzas armadas, sobre todo as profesionais, conforman unicamente a defensa do bastión daqueles que dispoñen da riqueza do dez por cento da humanidade.
Xeneral Chicharro ||| 'Diario de León'















Iolanda Barcina Angulo ||| O azulexado da servidora pública

O caso da señora Barcina Angulo tamén é de tolemia. Fáltalle algún parafuso. Como ese conxunto de seres humanos que se dedican a servirse en lugar de servir, a señora Barcina constitúe un claro exemplo. No seu favor ten a desculpa que hai antecedentes dabondo doutros que o fixeron peor, que roubaron máis e non lles aconteceu nada grave. E, como moito, caso do Roldán ou do Conde, por exemplo, cando saíron do cárcere aproveitáronse posteriormente do afanado e andan por aí sen ningún pudor.

En calquera caso, a señora Barcina Angulo inventou unha nova defensa para o seu aproveitamento ilícito. Sen ruborizarse, explicou que, claro, tampouco era moito o montante, dado que algúns profesionais da construción, caso dos que azulexan, gañaban tanto coma ela nun mes. E dío tan campante. Coa súa boquiña de charón. Como se ninguén a escoitase. Fermoso. Que podemos dicir fronte a iso?

Fodidos estamos! 
Iolanda Barcina ||| Wikipedia





25 de xan. de 2013

Futuro imperfecto










É máis que curioso, como a estas alturas, isto é, logo de vinte e unha centurias oficiosas de tránsito, unha pequena tribo social continúe a impor as súas regras a practicamente toda a humanidade. Curioso, como pouco. Porque ademais fano con todas as da lei, con luz e taquígrafos. Non se ocultan. E rinse sen ningún pudor festexando as súas falcatruadas.

Por que acontece isto? É difícil de entender. Hai miles de estudos ao respecto. Uns din que por cuestión de protección da manda, que xuntiña parece atoparse mellor, malia a súa incerteza. Os perigos son moitos: os individuos da manda que conforman o exterior, ou os extremos, que se agrupan arredor dos aparentemente máis protexidos, os do centro, aparecen facilmente expostos ao perigo e o seu movemento e tan nervioso que obrigan aos individuos da segunda fronte a encollerse e empurrar aos do interior cara a un espazo cada vez máis reducido. Ás veces, o medo do exterior é tan extremo que moitos dos individuos da manda, inicialmente protexidos debido á súa situación interior, son esmagados pola tropa que busca tamén o seu lugar no círculo de aparente privilexio.

Outros sinalan á cuadratura do círculo como culpable de que a humanidade se venda tan mal como se vende, que vaia en remuíño tras remuíño, agora ao fondo, logo á superficie e novamente ao fondo.

Todo este acomodo atrófico, que é un sen vivir, unha contribución á filharmónica de Berlín, sen Berlín e sen filharmónica, lévanos finalmente á sublimación da desintelixencia. Mentres os señores e as señoras que falan por nós, pola sociedade, que nos din o que debemos facer, tocar ou compoñer, mentres eses señores e señoras nola meten dobrada nada máis agacharmos para, por exemplo, coller do chan un centavo que alguén deixou caer do peto con aleivosía.


Imaxe de ATAÚLFO DE FERABRÁS